|
XOÁN A. CANEDAGONZÁLEZ, con D.N.I. xxxxxxxxxxx, Presidente da Asociación pola Memoria Histórica de O Grove (APMH O Grove), como mellor proceda, presenta para o seu debate no Pleno do Concello a celebrar o próximo luns día 24 de novembro, a seguinte
MOCION:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
A APMH O Grove co obxectivo de analizar polo miúdo a Lei 52/2007, de 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor dos que padeceron persecución ou violencia durante a Guerra Civil e a ditadura, coñecida como a Lei da Memoria Histórica, organizou as Xornadas sobre a Lei da Memoria Histórica, primeiras que se levaron a cabo en todo o Estado, e que tiveron lugar o pasado 25 de outubro, asistindo como relatores o Maxistrado do Tribunal Supremo José Antonio Martín Pallín, o Profesor de Dereito Penal Internacional Miguel Ángel Rodríguez Arias, o Presidente da Asociación da Memoria Histórica do 36 de Ponteareas –unha das primeiras denunciantes no sumario da Audiencia Nacional-, Ángel Rodríguez Gallardo, Joan Tardá Deputado ERC Parlamento Estado, Juan José Del Aguila Torres, Maxistrado do Xulgado Social Madrid e Xosé Avelino Ochoa Gondar, Vicepresidente da APMH O Grove.
Durante tal xornada constatáronse as carencias da Lei 52/2007 e a súa discrepancia, en diversos aspectos, cos tratados internacionais asinados por España, así como cos mandatos da ONU en relación coa impunidade dos crimes contra os dereitos humanos, ó non contemplar a totalidade das obrigas do Estado, sobre todo con respecto ás persoas desaparecidas, investigación e exhumación, e non como fai a Lei da Memoria, propondo subvencións ós particulares, así como no relativo á iniciativa dos órganos estatais neste proceso de coñecemento, e das consecuencias deste coñecemento, sobre todo na reparación de tódolos afectados polos crimes cometidos. Neste sentido pronunciouse, ós poucos días de rematadas as Xornadas, o Comité de Dereitos Humanos da ONU no seu 94º período de sesións celebrado en Xenebra entre o 13 e o 31 de Outubro de 2008 e na que tras felicitar, neste eido, ó Estado Español pola Lei 52/2007 que prevé unha reparación das vítimas da Ditadura, observa como principais motivos de preocupación e recomenda, literalmente:
9. El Comité, aunque ha tomado nota de la decisión reciente de la Audiencia Nacional de examinar la cuestión de los desaparecidos, está preocupado por el mantenimiento en vigor de la Ley de Amnistía de 1977. El Comité recuerda que los delitos de lesa humanidad son imprescriptibles y señala a la atención del Estado parte sus observaciones generales Nº 20, según la cual las amnistías relativas a las violaciones graves de los derechos humanos son incompatibles con el Pacto y Nº 31, sobre la naturaleza de la obligación jurídica general impuesta a los Estados partes en el Pacto. El Comité, aunque toma nota con satisfacción de las garantías dadas por el Estado parte en el sentido de que la Ley de la Memoria Histórica prevé que se esclarezca la suerte que corrieron los desaparecidos observa con preocupación las informaciones sobre los obstáculos con que han tropezado las familias en sus gestiones judiciales y administrativas para obtener la exhumación de los restos y la identificación de las personas desaparecidas. El Estado parte debe: a) considerar la derogación de la Ley de Amnistía de 1977; b) tomar las medidas legislativas necesarias para garantizar el reconocimiento de la imprescriptibilidad de los crímenes de lesa humanidad por los tribunales nacionales; c) prever la creación de una comisión de expertos independientes encargada de restablecer la verdad histórica sobre las violaciones de los derechos humanos cometidas durante la guerra civil y la dictadura, y d) permitir que las familias identifiquen y exhumen los cuerpos de las víctimas y, en su caso, indemnizarlas.
Tamén neste mes de Novembro de 2008, Amnistía Internacional presentou, un Informe, fundamentalmente xurídico, con argumentos claros e irrefutables, sobre a situación actual de cumprimento da lexislación internacional por parte do Estado Español en relación cos dereitos das vítimas. Titulouse "A obriga de investigar os crimes do pasado e de garantir os dereitos das vítimas de desaparición forzada durante a Guerra civil e o franquismo"e no que se conteñen, entre outras, as seguintes afirmacións:
-"...algúns dos argumentos sostidos en relación ó Auto Xudicial poden desorientar especialmente á opinión pública ó ignorar ou ocultar deliberadamente a legalidade internacional e o réxime de dereito que a comunidade internacional foi construíndo diante da realidade de estados renuentes a garantir os dereitos das vítimas e inclinados á impunidade e o olvido. Invocar leis internas contrarias ó dereito Internacional é unha expresión coñecida na experiencia mundial cando as sociedades se enfrontan ó seu pasado".
-"...Como a experiencia mundial demostra, as esixencias de verdade, xustiza e reparación non se pechan polo paso do tempo senón coa realización de tales dereitos.O Estado español non é unha excepción"
-"..En España os que foron detidos ilegalmente sen que ata a datase esclarecera qué sorte correron e onde están os restos de seu, non foron esquecidos polas súas familias, nin pola comunidade internacional, nin poden selo por unha sociedade como a española. A .prolongada inxustiza dos que foron privados de recursos en materia de verdade, xustiza e reparación, é unha das máis profundas feridas abertas que a sociedade española ten agora a oportunidade de apreciar na súa dimensión interna e internacional".
-"...España conta cunha traxectoria xudicial que en exercicio da xurisdición universal contribuíu con decisións, tanto da Audiencia nacional como do tribunal supremo e do Tribunal Constitucional, a afirmar a legalidade internacional respecto de crimes atroces con independencia de onde se cometeran.Se como axente da comunidade internacional, España a través dos seus tribunais afirmou a universalidade dos dereitos das vítimas e rexeitou os mecanismos de impunidade que impediron a realización dos dereitos, agora ten a oportunidade de actuar con coherencia coas persoas sometidas a unha prolongada inxustiza no país de seu."
-"...en virtude do Dereito Internacional, os Estados teñen a obriga de investigar de xeito exhaustivo e imparcial toda denuncia de violación dos dereitos humanos para identificar, xulgar e sancionar aos responsables de tales violacións, así como garantir a reparacións das vítimas e dos seus familiares. O Estado español non é quen para elixir cál destas obrigas ten que cumprir e polo tanto non pode oporse a ningunha delas" As innumerables execucións sumarísimas sen mínimas garantías e asasinatos levados a cabo paralelamente e no cumprimento dun plan deseñado polos sublevados para aterrorizar á sociedade civil e asegurar a vitoria polas armas, as torturas e o espolio dos bens, a persecución por motivos ideolóxicos, xa eran entón, no 1936, según o Dereito Internacional vixente, crimes contra a humanidade. E este Dereito Internacional xa tiña establecido que non hai prescrición para os delitos de lesa humanidade e, ademais, calquera prazo de prescrición non poderá empezar a contarse senón desde a data na que se puideron exercitar acción xudiciais en denuncia dos crimes; e iso non aconteceu aínda no Estado español no que, desde 1939, se foron ditando normas que aseguraban a impunidade ata a propia Lei de Amnistía de 1977 que dun xeito real pretende imporse ós principios de Dereito Internacional e, por iso, a Comisión de Dereitos Humanos da ONU o pasado día 30 de outubro acordou: " O Estado parte debe: a) considerar a derrogación da Lei de Amnistía de 1977, b) tomar as medidas lexislativas necesarias para garantir o recoñecemento da imprescriptibilidade dos crimes de lesa humanidade polos tribunais nacionais, c) prever a creación dunha comisión de expertos independentes encargada de restablecer a verdade histórica sobre as violacións dos dereitos humanos cometidas durante a guerra civil e a ditadura e d) permitir que as familias identifiquen e exhumen os corpos das vítimas e no seu caso, indemnizalas". A ONU (Resolucións de 9 de febreiro de 1946, de 24 de outubro e 12 de decembro de 1946) o Parlamento Europeo ou o Consello de Europa, aínda no 2006, condenaron o franquismo entendendo a súa acción, como un golpe contra a lexitimidade constitucional do Goberno da II República co apoio do nazismo e do fascismo, sen que os argumentos e motivacións destes organismos se deran a coñecer a toda a cidadanía, nin os órganos de goberno español amosaran un esforzo en dar a coñecer as razóns, mantendo a eficacia da maioría das normas de autoimpunidade provintes do réxime ditatorial. Tamén con ocasión destas xornadas celebradas no Grove presentouse, en primicia para toda España e na Galería Lembranza, o libro do investigador do Instituto Europeo de Dereito Internacional de Milán, o profesor Rodríguez Arias, titulado "Los niños perdidos del franquismo", que supón unha contribución científica ó coñecemento da práctica infame do anterior réxime de secuestrar, incluso no estranxeiro, a nenos fillos de pais perseguidos por razóns políticas, pouco investigadas polo de agora, e entregados a familias adictas ó réxime franquista; persoas que aínda hoxe descoñecen a súa verdadeira filiación e coas verdadeiras familias que permanecen sen saber que foi destes nenos perdidos do franquismo e que, ademais, lembra supostos recentes nos que diversos gobernos de Sudamérica e o de Australia viron a necesidade, a través dos representantes das máis altas instancias dos respectivos Estados e cun pronunciamento dotado da maior solemnidade, pedir perdón a tódolos afectados polos crimes cometidos ó amparo do aparato estatal de cada un deles; un solicitude de perdón que, no noso caso, aínda a día de hoxe non foi feito por ningún representante do Estado español, a pesar de estar esta obriga incluída entre as dos estado para facer fronte á impunidade de tódolos crimes contra os dereitos humanos. Ademais, como resulta obvio, a Asociación pola Memoria Histórica de O Grove considera que non caben postulados ideolóxicos fronte aos crimes contra os dereitos humanos, sendo imprescindible que todo o arco político asuma o rexeitamento das violacións contra os dereitos humanos, por canto ningunha opción política pode amparar as violacións deles porque os dereitos humanos non son patrimonio de opcións de esquerda ou de dereita, senón patrimonio da humanidade e, polo tanto, representan un valor mínimo e común a tódalas opcións. Así pois, en concordancia cos constantes pronunciamentos dos organismos internacionais, así como coas últimísimas declaracións desas mesmas institucións, as conclusións das Xornadas, xa coñecidas en ámbitos académicos como "Declaración de O Grove", foron: 1. A chamada "Lei da Memoria Histórica", Lei 52/2007, foi un paso adiante pero insuficiente polo que é preciso instar a súa modificación. 2. A xudicialización e o contido dos documentos xudiciais é un camiño positivo para axudar a coñecer a verdade dos feitos e a natureza de seu, que poderá rematar nos Tribunais internos, centrais como os da Audiencia Nacional, ou territoriais coma os xulgados de instrución, ou nos Internacionais,. 3.O sistema xurídico español debe asumir e aceptar os Instrumentos Internacionais de Dereitos Humanos e de Dereito Penal Internacional. As institucións do Estado español deben dar un tratamento congruente ós Crimes contra a Humanidade do franquismo 4.Entre tanto é necesario articular as seguintes accións:
a. Que o Estado pida perdón polo réxime do franquismo b. Creación dun Rexistro Nacional de Desaparecidos c. Creación dun ha Comisión Intergubernamental de Búsqueda d. Creación do Banco Nacional de Datos Xenéticos, coas debidas salvagardas e. Que o Fiscal Xeral do Estado inste a nulidade das sentencias xudiciais do franquismo f. Que é necesario reparar as sociedades danadas g. Creación dunha Comisión da Verdade independente. Polo exposto, PEDIMOS: Que se eleven estas conclusións ó PLENO DO CONCELLO DE O GROVE para que este acorde: 1º.- Asumir e aprobar como súa a chamada "Declaración de O Grove" que sinala: 1. A chamada "Lei da Memoria Histórica", Lei 52/2007, foi un paso adiante pero insuficiente polo que é preciso instar a súa modificación. 2. A xudicialización e o contido dos documentos xudiciais é un camiño, que poderá rematar nos Tribunais internos ou nos Internacionais, positivo para axudar a coñecer a verdade dos feitos e a natureza de seu. 3.O sistema xurídico español debe asumir e aceptar os Instrumentos Internacionais de Dereitos Humanos e de Dereito Penal Internacional. As institucións do Estado español deben dar un tratamento congruente ós Crimes contra a Humanidade do franquismo 4.Entre tanto é necesario articular as seguintes accións:
a. Que o Estado pida perdón polo réxime do franquismo b. Creación dun Rexistro Nacional de Desaparecidos c. Creación dun ha Comisión Intergubernamental de Búsqueda d. Creación do Banco Nacional de Datos Xenéticos, coas debidas salvagardas e. Que o Fiscal Xeral do Estado inste a nulidade das sentencias xudiciais do franquismo f. Que é necesario reparar as sociedades danadas g. Creación dunha Comisión da Verdade independente. 2º.- Que o Concello de O Grove se dirixa ó Goberno do Estado Español, ó Congreso dos Deputados, ó Goberno da Xunta de Galicia, ó Parlamento Galego e ó Fiscal Xeral do Estado, instándoos a asumir a citada Declaración de O Grove e tódolos seus pronunciamentos. O Grove a 17 de novembro de 2008
Asdo: Xan Caneda González Presidente APMH O Grove
|